Atreo, tesouro de

Atreo, tesouro de
[ARQUEOL]

Nome dado por Heinrich Schliemann a unha tumba do período micénico atopada na área da acrópole de Micenas. A tumba, tipoloxicamente un tholos, consta dun longo pasadizo recto semisoterrado que conduce a unha gran sala circular cuberta cunha falsa bóveda. De xeito acobadado, cara á dereita segundo se penetra na anterior, ábrese outra sala menor e cuadrangular, posiblemente onde se efectuou a deposición do cadáver ou dos cadáveres. Non está demostrado que, en efecto, a tumba sexa a de Atreo.

Palabras veciñas

atrenante | atrenar | Atreo | Atreo, tesouro de | atrepsia | atréptico -ca | atresia