Aubigné, Françoise
Aubigné, Françoise
ou marquesa de Maintenon (Niort 1635 - Saint-Cyr 1719) Escritora e dama da corte de Luís XIV de Francia. Casada co poeta Scarron, tivo un salón moi célebre e encargóuselle a educación dos fillos do Rei e Madame de Montespan. Viúva, contraeu matrimonio morganático (1648) con Luís XIV. Exerceu unha grande influencia na política relixiosa do monarca. Os seus conceptos pedagóxicos, inspirados nun moralismo ríxido, están recollidos nas súas Lettres (Cartas).