Auriense, Grupo de Teatro

Auriense, Grupo de Teatro

Colectivo creado en Ourense en 1974 por un grupo de mozos procedentes da compañía Histrión 70, ao abeiro da Agrupación Cultural Auriense. O seu primeiro espectáculo naceu a partir dun texto homónimo de Jenaro Marinhas del Valle, O triángulo ateo (1974). Seguidamente, e cunha forte compoñente nacionalista e reivindicativa, estrearon Historia do home que se volveu can (1974), sobre a obra de Oswaldo Dragún; Manuel, vento indomable (1975), segundo un texto de Manuel Guede; Unha vez foi o trebón, sobre a recreación que da revolta irmandiña fixera Manuel María; O Caixón (1977) e A gran candonga (1978), a partir de textos de Millán Picouto. Nesa mesma liña, en 1975 presentaron o Recital Cabanillas e en 1976 o Recital Ferrín, Manuel María, Novoneyra.

Palabras veciñas

auriense | Auriense | Auriense, Agrupación Cultural | Auriense, Grupo de Teatro | aurífero -ra | aurificación | aurificar