autoclave
(
-
s
m
[ENX]
Sistema de peche de recipientes sometidos a presión interna, nos que a mesma presión preme a xunta e a fai hermética.
-
s
m
[ENX]
Recipiente de paredes resistentes apto para soportar presións internas elevadas, provisto xeralmente de tapadeira autoclave, que permite conseguir, no seu interior, temperaturas elevadas de calor húmida. O autoclave contén auga, o que fai posible a calor húmida, e a tapadeira autoclave permite presións moi por riba da atmosférica, co que se poden conseguir temperaturas superiores aos 100°C sen que haxa ebulición. O autoclave permite efectuar esterilizacións nun tempo relativamente curto (20 ou 30 minutos), acelerar certas reaccións químicas e efectuar tratamentos industriais, todo a presións elevadas.
-
autoclave de contrapresión
[ENX]
Autoclave caracterizado polo feito de que no seu funcionamento existe unha contrapresión feita con aire comprimido dende o exterior, que mantén automaticamente constante a presión total en todas as etapas (quecemento, esterilización e enfriamento), facendo a presión independente da temperatura.
-
autoclave hidrostático continuo
[ENX]
Autoclave onde o material que cómpre esterilizar pode entrar e saír arreo sen ningún dispositivo metálico de peche. Leva unhas columnas de auga que serven de peche hidrostático, e que mesmo quentan previamente e arrefecen o material.
-
autoclave rotativo
[ENX]
Autoclave no que o cestiño que contén o material para esterilizar xira a 6-12 rpm (revolucións por minuto), movido por un motor externo. A axitación provoca un quecemento máis rápido no interior dos envases e, polo tanto, unha esterilización máis rápida, cuestión fundamental en produtos alimentarios.
-
autoclave rotativo continuo
[ENX]
Autoclave rotativo onde os materiais a esterilizar, de medidas exactamente tipificadas, entran e saen continuamente salvando a diferenza de presión mediante comportas mecánicas.