autóctono -na

autóctono -na

(< lat autochthŏnes < gr αὐτόχϴων,-ϴονος)

  1. adx

    Que é orixinario do lugar no que habita.

    Ex: Organizouse unha marcha para apoiar a recuperación da flora autóctona da comarca.

    Sinónimos: aborixe.
  2. adx [BIOL]

    Aplícase aos seres que viven, espontaneamente, nunha rexión ou país.

  3. adx [XEOL]

    Aplícase á rocha constituída por minerais que se formaron conxuntamente con ela.

Palabras veciñas

autocrítica | autocrítico -ca | autocrón | autóctono -na | autodefensa | autodepuración | Autodesk