autodiéxese
autodiéxese
(
s
f
[LIT]
Termo empregado por Gerard Genette (Figures III, 1972) no ámbito da narratoloxía para denominar o relato no que o narrador conta unha historia da que foi protagonista central. A aparición da primeira persoa gramatical é unha consecuencia natural da coincidencia entre narrador e protagonista, que tamén proporciona unha determinada organización temporal, manifestada na presenza do monólogo interior ou de técnicas de achegamento dun pasado remoto ao presente da narración.