automotor -ra
automotor -ra
(
-
adx
Que se move de seu, sen a intervención de ningunha acción exterior.
Ex: Organizouse unha carreira de vehículos automotores.
-
s
m
[TRANSP]
ehículo ferroviario lixeiro de tracción autónoma. O automotor é moi utilizado no servizo ferroviario de proximidade e no transporte urbano (ferrocarrís metropolitanos e tranvías). Pode circular só ou ben levar encaixados outros automotores ou vagóns-remolque sen máquina motriz propia. Segundo o sistema de tracción empregado, os automotores poden ser clasificados en eléctricos ou térmicos. De entre estes últimos cómpre distinguir os de vapor -practicamente desaparecidos-, os de motor diesel e os de turbina de gas.