autopsia
autopsia
(
-
s
f
[MED]
Estudio das diferentes partes dun cadáver para diagnosticar e investigar as enfermidades que padecera o individuo en vida e para verificar as causas da súa morte. Este estudo pode ter interese dende un punto de vista clínico (autopsia clínica) ou xudicial. Abrangue o exame de todo o cadáver e basicamente o estudo sistemático das vísceras das tres cavidades (cabeza, tórax e abdome) e das extremidades. Nas autopsias médico-legais valórase tamén a observación externa.
Sinónimos: necropsia. -
s
f
[DER]
Recoñecemento dun cadáver, feito normalmente polo médico forense, para pescudar e probar a causa e as circunstancias da morte dunha víctima ou para identificala.