autoservicio

autoservicio

(

  1. s m [ALIM/IND]

    Establecemento dedicado principalmente ao comercio de alimentos ou á restauración. O autoservicio de produtos alimenticios recibe o nome de supermercado cando sobrepasa os 300 m 2 . Nos autoservicios os produtos dispóñense ordenadamente ao longo de corredores nos que o consumidor atopa o que precisa, co prezo correspondente, sen ter que esperar a ser despachado polo tendeiro. Aqueles que se dedican ao servizo de comidas acostuman estar montados en liña -aínda que tamén poden facelo en illas-, comezando polos cubertos, a vaixela, a cristalería, as bandexas e unha serie de vitrinas onde se colocan os alimentos e as bebidas. Diante do mostrador e a unha altura axeitada, hai unha repisa sobre a que se colocan a propia bandexa para ila escorregando ata chegar á caixa, situada ao final do percorrido, onde o consumidor debe pagar o importe total daquilo que escolleu para consumir.

    Ex: Hoxe non temos ganas de cociñar e imos comer ao autoservicio.

  2. s m [ALIM/IND]

    Sistema polo que os clientes dun establecemento de autoservicio se serven eles mesmos e pagan ao saír.

    Ex: Para comprar tabaco utilizo as máquinas de autoservicio. Nalgunhas farmacias existen máquinas de autoservicio de preservativos.