auxocromo
auxocromo
(< auxo- + -cromo)
s
m
[QUÍM/IND]
Grupo substituínte dunha molécula cromóxena que lle favorece a cor ao variarlle a lonxitude de onda e a intensidade de absorción da rexión de absorción máxima de radiación electromagnética do cromóforo. Os auxocromos inflúen no matiz da cor segundo a súa natureza, o seu número e a súa posición na molécula cromóxena; comunican á substancia propiedades tinguidoiras e convértena de substancia coloreada en colorante.