avaliación

avaliación

(

  1. s f

    Acción e efecto de avaliar.

    Ex: A avaliación dos beneficios empresariais non resultou moi favorable. Aínda non se puido facer unha avaliación das perdas ocasionadas polo furacán.

    Sinónimos: taxación, valoración.
  2. s f [DER]

    Valor atribuído a un ben ou un dereito.

  3. s f [PEDAG]

    Etapa do proceso educativo que ten por finalidade comprobar dalgún xeito se se acadaron os obxectivos pedagóxicos propostos.

    Ex: Cada tres meses a mestra fai unha proba de avaliación para saber cómo están os coñecementos dos alumnos.

  4. avaliación da expropiación [DER]

    alor atribuído a un ben ou dereito obxecto de expropiación forzosa, establecido de mutuo acordo entre a administración e o interesado, ou segundo o procedemento previsto na lexislación específica sobre a materia.

  5. avaliación empresarial [ECON]

    Cálculo do valor dunha empresa ou de partes da súa estrutura e da súa actividade, de acordo cos parámetros de bens patrimoniais, de rendibilidade, mixtos e de capitalización bolsista.

  6. avaliación global [DER]

    Procedemento para determinar a base impoñible dun imposto. Consiste na estimación obxectiva ou calculada do rendemento conxunto dunha determinada actividade económica gravable referida a un ámbito territorial concreto, para poder distribuíla posteriormente a cada suxeito fiscal mediante sinais externos, índices ou módulos que poñan de manifesto o rendemento global desta actividade económica. Este procedemento, abolido hoxe en día, foi substituído polos sistemas de estimación directa e estimación obxectiva singular.

  7. Xuízo de valor verbo dunha lingua ou das súas variantes.

Palabras veciñas

avalancha | avalar | avaliable | avaliación | avaliado -da | avaliador -ra | avaliar