avea
(
-
s
f
Herbas anuais do xénero Avena da familia das poáceas, de ata 150 cm de altura, con inflorescencia en panícula e glumas máis longas ca as flores. A especie cultivada é Avena sativa, considerada inicialmente como mala herba dos campos de trigo, debeu comezar a ser cultivada hai 2000 anos. O grao da avea contén máis lípidos ca os outros cereais e unha cantidade de proteína e vitaminas semellante á do gran de trigo; diferénciase deste cereal na proporción de distintos aminoácidos e destaca a baixa proporción de ácido glutámico. Polo feito de ter unha porcentaxe baixa de glute, a fariña de avea non serve para amasar o pan. Unha gran parte da produción destínase a alimentación animal. Para a alimentación humana cómpre sinalar os copos, a xémola para preparar papas e as fariñas infantís. As cascas teñen usos industriais; utilízanse para a obtención do furfural, como produto auxiliar na fabricación de cervexa, como abrasivo proxectado mediante aire a presión para eliminar aceites e produtos de corrosión das pezas das máquinas, etc. O cultivo da avea semella que tivo a súa orixe no centro e, especialmente, no oeste de Europa, onde se ve favorecido polo clima frío e húmido da zona temperada. Posteriormente, estendeuse por toda Europa e América do Norte. O cultivo da avea retrocedeu considerablemente a partir de 1940 xunto co retroceso do gando equino, que consumía a maior parte da produción en forma de pensos; sen embargo, o rendemento por hectárea foi en aumento grazas ás novas formas de cultivo e aos avances técnicos. En Galicia, ademais desta planta cultivada, están presentes máis de media ducia de especies espontáneas entre as que destaca Avena barbata en lugares secos e abertos como terras de cultivos e camiños.
Ex: A avea pode usarse como pienso para os cabalos.
-
s
f
[ALIM]
Este cereal emprégase profusamente en alimentación, consumíndose en forma de flocos nos almorzos ou mesturado con mel, nata ou leite, e froitos do tempo (muesli). En forma de fariña emprégase na elaboración de sopas e papas.