Avelino/Avelina
Avelino/Avelina
[ONOM]
Nome procedente do apelido do santo da Lucania, André Avelino, morto en Nápoles en 1608. O seu verdadeiro nome en italiano era Andrea Avellino, apelido de orixe toponímica que provén da cidade homónima (Avellino) na Campania. Este topónimo, á súa vez, garda relación con outro nome de lugar tamén da Campania: a rexión de Abella (hoxe Avella) onde as abelás, debido á súa abundancia, chamáronse tamén nuces abellanae. A festividade de Andrés Avelino celébrase o 10 de novembro en Fontei (A Rúa). Tamén hai unha santa Avelina, abadesa, que se conmemora o 31 de maio e un santo Avelino, confesor, que se celebra o 31 de maio e o 4 de febreiro.