aventureiro -ra
(< aventurar)
-
adx e s
Que ou quen busca ou gosta das aventuras.
Ex: Como aventureiro que é, pasou toda a vida viaxando dun lado para outro. Para ser un bo explorador tes que ter ánimo aventureiro.
-
s
Persoa que vive unha vida de aventuras.
Ex: Marchou de recruta para a Amazonia cunha cuadrilla de aventureiros.
-
s
Persoas que carecendo dunha vida estable subsisten valéndose da sorte ou doutras artimañas.
Ex: É un aventureiro que pasou toda a vida aprendendo cousas da rúa.
-
s
Quen só pensa en ascender na vida, sen escrúpulos e de forma rápida.
Ex: É un aventureiro que se meteu no negocio da droga.
Antónimos: responsable, fiable. -
s
[HIST]
Durante a Idade Media e ata principios do s XVI, vendedor ambulante de comestibles ou doutros xéneros. Constituíanse en confrarías.
-
s
m
[HIST]
Voluntario nas xustas e nos torneos.
-
s
m
[HIST]
Pirata ou ladrón de mar, ou mesmo corsario ousado.
-
s
m
[HIST]
Na Idade Moderna, rapaz que embarcaba nos buques de guerra para aspirar ao servizo da Armada.