aveso -sa

aveso -sa

(< lat adversu)

  1. adx

    Persoa con malas intencións ou inclinada a facer dano.

    Ex: É un neno aveso, non fai caso ós seus profesores.

  2. adx

    Que presenta unha actitude disposta a facer maldades.

    Ex: Botoume unha ollada avesa que case me atravesa.

  3. adx

    Que vai en sentido contrario ou oposto.

  4. s m [ANIMAL]

    navalla.

Frases feitas

  • Ás avesas. loc adv De xeito contrario ao debido ou ao esperado.

  • Caer ás avesas. Caer de costas.

Palabras veciñas

Avery, Tex | avesedo -da | avesío -a | aveso -sa | avespa | avespeiro | avéspora