avinagrado -da
avinagrado -da
(
-
p reg
de avinagrar ou avinagrarse.
-
adx
Que sabe a vinagre. Aplícase á bebida alcólica, especialmente o viño, que se volve agre.
Ex: Este viño xa non vale, está avinagrado.
-
adx
Aplícase á persoa de carácter rudo e áspero, caracterizada por ser negativa e que manifesta esa actitude.
Ex: Sempre foi un home avinagrado. Tendes unha forma de ser moi avinagrada, calquera cousa que vos propoñemos parécevos mal.
-
adx
Dise da persoa que se anoxou, que está de mal humor.
Ex: Non quixo saír, quedou na casa avinagrada.
-
s
m
[QUÍM/ALIM]
Alteración do viño producida polo desenvolvemento dunha fermentación acética. Contrólase empregando gas sulfuroso, que mantén as condicións anaeróbicas necesarias para este tipo de reacción.