Avions Marcel Dassault-Breguet Aviation

Avions Marcel Dassault-Breguet Aviation

Empresa francesa de construcións aeronáuticas, constituída a raíz da fusión en 1971 dos Ateliers d’Aviation Louis Breguet (ou Breguet-Aviation) co grupo Marcel Dassault, que xa adquirira Breguet-Aviation no 1967. Fabrica avións civís (como o Mystère) e, sobre todo, avións militares Mirage, Jaguar, Alphajet e Super-Eténdard.

Palabras veciñas

Avión, Faro de | avioneta | aviónica | Avions Marcel Dassault-Breguet Aviation | avir | Aviraneta e Ibargoyen, Eugenio | Avís