Avito

Avito
[ONOM]

Antropónimo procedente do latín avitus ‘relativo ao avó’, ‘que vén dos avós’, derivado de avus ‘avó’. Na Gallaecia do s V houbo dous parentes antipriscilianistas de nome Avito. Un deles foi presbítero de Braga e, no ano 410, peregrinou a Xerusalén dende onde lle escribiu ao bispo de Braga Balconio anunciando que enviaba reliquias de santo Estevo. En Xerusalén leu a Oríxenes e, á súa volta a Gallaecia, predicou o Orixenismo a pesar de ter discutido con san Xerome sobre os erros e perigos desta doutrina. O segundo Avito viaxou a Roma, onde estudiou a Mario Victorino; cando volveu, o seu familiar introduciuno no Orixenismo. No santoral figuran dous Avitos, un bispo e outro presbítero de Clermont (Francia); a festividade do primeiro celébrase o 5 de febreiro e, a do segundo, o 17 de xuño.

Palabras veciñas

Avispa, La | avistar | avitaminose | Avito | Avito | Avito, santo | avituallado -da