avolto -ta
avolto -ta
(< avolver)
-
p irreg
de avolver.
-
adx
Dise do líquido mesturado con partículas revoltas en suspensión que lle restan transparencia.
Ex: O río baixa avolto.
-
adx
Que é cambiante e inestable; aplícase especialmente ao tempo meteorolóxico.
Ex: Hoxe está o tempo avolto, pola mañá choveu e agora está moi bo día.
-
adx
Caracterizado pola confusión e a desorde.
Ex: Estamos coa mudanza e a casa está completamente avolta.