avulsión

avulsión

(< lat avulsĭo -ōnis)

  1. s f [MED]

    extirpación.

  2. s f [DER]

    Tipo de accesión natural dos bens inmobles que consiste no acrecentamento de terras aos predios cercanos aos ríos, non de maneira sucesiva e lenta como no aluvión, senón violenta e transitoria, como consecuencia da corrente das augas. Contra a norma xeral de accesión, se se puidese chegar a coñecer a procedencia do terreo incorporado, continuaría pertencendo ao anterior propietario.

Palabras veciñas

avreguía | Avrillón, Xoán Bautista | Avui | avulsión | avultado -da | avultamento | avultar