axiomático -ca

axiomático -ca

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente a un axioma.

  2. adx

    Evidente, aforístico.

  3. s f [FILOS/MAT]

    Estudio das condicións que debe satisfacer o conxunto das proposicións ou axiomas que forman o punto de partida do desenvolvemento lóxico dunha ciencia. Cada unha das proposicións admitidas coma base do estudo axiomático dunha teoría chámase axioma ou postulado. Un sistema de postulados é un conxunto de proposicións breves, simples, independentes e compatibles entre elas, que traducen as verdades fundamentais da teoría á cal serven de base. A primeira obra que segue o método axiomático é o tratado de xeometría de Euclides Elementos (s III a C). O estudio do método axiomático, realizado polos matemáticos alemáns do s XIX, conduciu á fundamentación rigorosa da matemática, e ao descubrimento da xeometría non euclidiana e da álxebra moderna. OBS: A grafía x representa o son [ks].

Palabras veciñas

axioloxía | axiolóxico -ca | axioma | axiomático -ca | axiomatización | axiomatizar | axiómetro