Ayala

Ayala
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe de orixe vasca. O Rei Sancho o Nobre de Navarra concedeulle o señorío de Ayala, en Araba, ao infante Vela, fillo de Sancho Ramírez de Aragón. A partir dese momento os descendentes adoptaron por apelido o nome de Ayala. O apelido espallouse por diversas rexións españolas e unha rama pasou mesmo a Cuba. As armas da rama galega, estirpe á que pertenceu o primeiro conde de Urbana, Federico de Amores e Ayala, levan en campo de prata, dous lobos de sable, postos un sobre o outro.