azagaia

azagaia

(< ár az-zagāiâ)

  1. s f [ARQUEOL]

    Denomínase ocasionalmente así á punta do proxectil (seta, lanza curta, etc) que ten un ou máis escotes para impedir que volva atrás unha vez que penetrou no corpo contra o que foi lanzada. Adoitábase elaborar sobre óso, chegando a estar nalgunhas ocasións ornamentada. Son moi características as azagaias auriñacenses. As primeiras azagaias descubertas en territorio galego proceden do depósito arqueolóxico da cova da Valiña (Castroverde), clasificado no chateloperronense polos investigadores.

    Sinónimos: arpón.
  2. s f [BÉL]

    Lanza de tiro curto e de pouco peso; probablemente de orixe árabe.

Palabras veciñas

azafranado -da | azafranal | azafranar | azagaia | azagaiada | Azagra | azaia