1 azar
(<ár az-zahr)
-
s
m
Feito resultante dun conxunto de características imprevistas e que pode ter efecto positivo ou negativo.
Ex: Quedou sen nada nun deses azares da vida.
-
s
m
Causa asignada aos feitos dos que se descoñece a causa real ou que se atribúen unicamente á probabilidade.
Ex: Para gañar ou perder só conta o azar. Atopeime con ela na vila por un azar.
Sinónimos: casualidade, coincidencia. -
s
m
[BIOL]
Fenómeno aleatorio e impredicible que mina unha finalidade que non existe. Para Aristóteles o azar é a causa accidental dos efectos excepcionais ou accesorios que revisten a aparencia da finalidade. Segundo Maldidier, La Placette e Cournot, o azar consiste no encontro de dúas series causais independentes; Poincaré e Renan, sen embargo, prestan maior atención á desproporción entre o resultado (favorable ou desfavorable) e as diferencias entre as causas que o provocan. Mayr identifica azar con indeterminación, polo que exclúe o azar como feito evolutivo en canto para el a indeterminación é produto da nosa ignorancia. Non obstante , na tradición darwinista materialista, representada por Tort ou Cordón, o azar debe ser entendido como impredecibilidade no marco da proposta teórica do atomismo de Epicuro. Nese caso, o azar ten dúas orixes diferentes: a nosa ignorancia e a continxencia. Así, as verdadeiras oposicións atópanse entre a necesidade e a continxencia, e a impredicibilidade e a predicibilidade. Segundo este modelo existen tres tipos de fenómenos: continxentes, intencionais (teleonómicos) e esencialmente impredicibles.
-
s
m
[FILOS]
Carácter dun acontecemento que é o resultado da coincidencia de dous fenómenos que pertencen a series independentes na orde da causalidade.
-
s
m
[MAT]
Conxunto de causas descoñecidas que producen un efecto non previsible; un fenómeno é atribuible ao azar cando non é nin inevitable nin imposible. Algúns dos fenómenos atribuídos ao azar obedecen a leis que se limitan a enunciar resultados de tipo global respecto a un gran número de repeticións do conxunto de condicións: son as leis probabilísticas.
-
xogos de azar
[XOGO]
Divertimentos nos que unicamente o azar decide quen gaña e quen perde.
Frases feitas
-
Ao azar loc adv Sen plan previo e determinado. SIN: á toa, ás toas, ao chou.
-
Por azar. Por casualidade.