Azucena

Azucena
[ONOM]

Antropónimo procedente do árabe açuçena ou As-susana ‘lirio’; o nome establece unha relación metafórica coa brancura e pureza da flor. É tamén unha advocación da Virxe María. Como nome de orixe semítica constitúe un par léxico de Susana. A súa festividade celébrase o 15 de agosto.