Azul
Azul
[PUBLIC]
Revista ourensá editada o 20 de abril de 1913 de periodicidade quincenal. Dirixida polo poeta portugués Souza Aguiar, tiña como subtítulo “Revista quincenal ilustrada. Arte, ciencia y literatura”. Colaboraron nela V. Surribas, Uxío Buena, Constantino Teixeira, Anxo Falcó e Ramón Fernández Mato, entre outros. Contiña fundamentalmente información cultural e reproducía poemas e prosas literarias influídas polo Modernismo, en castelán e portugués. Reproduciu tamén o relato “La bruja blanca” de Vicente Risco.