Babel

Babel
[HIST/MIT]

Nome bíblico da cidade de Babilonia. Segundo o libro da Xénese, a Torre de Babel, construída polos homes emigrados cara a Oriente despois do diluvio universal, tiña que tocar o ceo. Coa finalidade de que tal proxecto -expoñente da ambición e da cobiza humanas- fracasase, Deus pluralizou a fala dos construtores e dispersounos por toda a terra, establecendo as diferencias lingüísticas dos pobos do mundo. A narración semella terse inspirado no cigurat do Etemenanki, templo babilónico de gran sona no mundo antigo, identificado por Hilprecht nunhas escavacións de 1913. A torre de Babel converteuse para xudeus e cristiáns nun símbolo da idolatría, do orgullo e da confusión.

Palabras veciñas

babeiro | Babeiro | babel | Babel | babel | Babel | babélico -ca