babilónico -ca

babilónico -ca

(< topónimo Babilonia)

  1. adx

    Relativo ou pertencente a Babilonia.

    Ex: Coñece ben a cultura babilónica.

  2. adx

    Que se fai con moita grandeza.

    Ex: É unha escultura babilónica.

  3. arte babilónica [ARTE]

    Arte mesopotámica.

  4. catividade en Babilonia [HIST]
    1. Denominación metafórica, aplicada por algúns autores antigos á estancia dos papas en Aviñón durante o Cisma da Igrexa de Occidente (1309-1378).

    2. Período no que os hebreos foron cativos dos babilonios. Xerusalén, que colaborara con Exipto, inimigo de Babilonia, caeu nas mans de Nabucodonosor II no 597 a C e ao ano seguinte os príncipes hebreos e gran parte do seu pobo foron deportados a Babilonia. No 587 a C tivo lugar unha nova deportación en masa. Trala caída do imperio babilónico fronte aos persas aqueménidas, no 538 a C Ciro o Grande permitiu volver aos exiliados, pero a maior parte quedaron en Babilonia, mantendo alí a cultura hebrea.

  5. hora babilónica

    Hora igual á vixésimo cuarta parte do día, segundo o uso babilónico transmitido ata a actualidade.

  6. literatura babilónica [LIT]

    Literatura mesopotámica en dialecto babilonio.