babor
babor
(< neerl bakboord)
[MAR]
Parte esquerda da embarcación. Define todo o espazo que está situado na esquerda do eixo lonxitudinal do barco, mirando cara á proa. O seu oposto é estribor. Estas denominacións, babor e estribor, empréganse para indicar a posición dun obxecto situado dentro ou fóra da embarcación, así como para dar as ordes ao temoeiro.