Anxélica
Anxélica
[ONOM]
Antropónimo feminino derivado do latín eclesiástico angelica ‘anxelical’. Aínda que poida ter unha orixe popular relacionada coa devoción polos anxos, a súa difusión foi máis ben literaria e procede da cultura italiana. Levaban este nome, por exemplo, a protagonista do Orlando furioso de Ariosto, o pintor toscano frei Angelico (s XV) e a ópera de G. Puccini La sorella Angelica. Non hai ningún santo con este nome.