anxova
anxova
(< gr ἀϕύη ‘anchoa’)
s
f
[ANIMAL/ICT]
Peixe peláxico de corpo alongado e comprimido que, aínda que pode acadar 1 m de lonxitude, normalmente mide entre 40 e 60 cm. Ten a cabeza grande e ovalada. A primeira aleta dorsal é pequena e con radios débiles, e a segunda é grande, angulosa e oposta á anal. As pelvianas están en posición torácica, e a caudal vai sobre un pedúnculo moi marcado e é moi escotada. É de cor verde escura ou azulada no lombo, prateada nos costados e abrancazada no ventre. Aliméntase doutros peixes, crustáceos e cefalópodos.