Asociación de Artistas
Asociación de Artistas
Constituída no 1934 na Coruña, fomenta o desenvolvemento das artes plásticas e promove a súa difusión e coñecemento. Ademais organiza exposicións, conferencias e concursos relacionados coas Belas Artes. Entre os seus socios fundadores están Lolita Díaz Baliño, José Seijo Rubio, Ramiro Díaz Baliño, María Corredoira y Ruíz de Baro e Ricardo Camino. Dende 1989 o seu presidente é Antonio López Rodríguez.