Asociación Reforma Social Española

Asociación Reforma Social Española

Fundada en marzo de 1975 por Manuel Cantarero del Castillo. De carácter progresista, intentou sen éxito ser recoñecida pola Internacional Socialista. En Galicia o seu secretario xeral foi Estévez Mengotti. En xuño de 1976 converteuse nun partido político con delegacións na Coruña, Pontevedra e Lugo, e un ano despois pasou de rexionalista a federalista. Nas eleccións de 1977 non obtivo ningún escano e despois desapareceu.