Ateneo Ferrolán
Ateneo Ferrolán
Sociedade fundada no 1879 baixo a presidencia de Manuel Estrada y Madán. Exerceu a súa actividade ao longo de diferentes fases ata 1936 (1879-1880, 1903-1917, 1931-1936) e, de forma continua, desde 1976. Esta institución presidida por Eliseo Zaera Ríos, desenvolveu diversas actividades culturais e lúdicas na cidade de Ferrol e na súa comarca. Organizou exposicións de artes plásticas, ciclos de cine e vídeo, conferencias, cursos de galego, solfexo, pintura, teatro ou encadernación. Entre os certames anuais destacan: Eidos, Feitura, Xoves Teatrais e o concurso de gaita galega Constantino Bellón, de ámbito internacional.