atentado

atentado

(< lat attentātu‘atentado contra’)

  1. s m

    Tentativa criminal contra a autoridade, contra un país ou contra alguén, xeralmente por motivos políticos.

    Ex: Matar lobos é un atentado xa que actualmente é unha especie en extinción. Preparaban un atentado contra o presidente do goberno.

  2. s m

    Acto de carácter moral ou sen violencia física feito coa intención de danar gravemente algunha cousa.

    Ex: A publicación dese artigo considérase un atentado contra a moral.

  3. s m [DER]

    Delito consistente no uso de violencia, ameazas e resistencia contra as autoridades, os seus axentes e os funcionarios públicos cando obran en execución das leis ou no exercicio das súas funcións. A maioría das lexislacións castigan estes feitos co fin de garantir unha eficaz execución da función pública e preveñen tipos agravantes do atentado en sentido propio ou en función da condición do ofendido.

  4. atentado inválido de matrimonio [DER]

    Nome xenérico dos impedimentos matrimoniais de vínculo (existencia dun matrimonio anterior), de orde (quen está constituído en orde sagrada: sacerdocio ou diaconato) e de voto (quen está vinculado a un instituto relixioso por voto público e perpetuo de castidade).

Palabras veciñas

ateniense | Atenodoro de Rodas | atenolol | atentado | atentamente | 1 atentar | 2 atentar*