Balfour, Declaración de

Balfour, Declaración de

Documento publicado no ano 1917 polo ministro de Asuntos Exteriores inglés Balfour e enviado a lord Rothschild, presidente da Federación Sionista Británica, no que se compromete a apoiar a constitución dun estado xudeu en Palestina. Esta declaración foi o punto de partida do actual estado de Israel. A declaración foi refrendada polos aliados e aprobada pola Sociedade de Nacións (1921).

Palabras veciñas

Balewa Alhaji, Abubakar Tafawa | Baley | Balfour, Arthur James | Balfour, Declaración de | Balfour, Francis Maitland | bali | Bālī