ballad opera*
ballad opera*
[MÚS]
Modalidade de ópera que evolucionou en Inglaterra a partir do s XVIII. Consistía nuns fragmentos dialogados e outros cantados coa música de cancións populares. Ao principio representaba unha parodia da ópera italianizante. A máis coñecida é The Beggar’s Opera (1728), unha sátira sobre os políticos contemporáneos, con texto de John Gay e música adaptada por John Pepusch.