ballon*
ballon*
-
s
m
[ESPECT]
Termo utilizado na danza escénica, equivalente a flexibilidade e lixeireza. Dise que un bailarín ten ballon cando se pode elevar facilmente ata alcanzar unha grande altura para despois caer en picado e volver elevarse ata chegar a unha altura superior, rebotando.
-
s
m
[XEOG]
Forma característica dalgunhas cimas dos Vosgos, que sobresaen, macizas e arredondadas, como consecuencia da maior resistencia dos núcleos graníticos á erosión. O Ballon de Guebwiller (1.424 m de altitude) e o Ballon de Alsacia (1.250 m) representan os exemplos máis importantes. SIN: castelo, inselberg, tor.