Balneario da Toxa

Balneario da Toxa

Situado na illa da Toxa, parroquia e concello do Grove, as crónicas aluden ao seu uso en épocas anteriores. A súa utilización comezou a xeneralizarse tralo seu redescubrimento a principios do s XIX. En 1903 constituíuse a sociedade A Toxa S A que transformou o balneario nun destacado complexo turístico-termal que vén funcionando desde 1910.