Balneario de Baños de Molgas
Balneario de Baños de Molgas
Situado no concello homónimo, as escavacións realizadas co obxectivo da mellora do manancial sacaron á luz a súa orixe romana. Na Idade Moderna escribíronse tratados onde o Balneario de Molgas está considerado como un dos mellores da Península Ibérica; importancia que foi en aumento ata chegar a ser declarado de utilidade pública en 1873, ano de fundación do actual balneario. En 1998 modernizou as súas instalacións.