balo

balo
  1. s m [PESCA]

    Arte empregada para a pesca da sardiña, cun único pano de malla pequena. SIN: embalo, veta.

  2. s m [PESCA]

    Útil de pesca consistente nunha pedra amarrada a un cabo, que se emprega para golpear o mar dende o barco coa intención de asustar os bancos de peixe e localizalos para a súa captura. SIN: embalo, pandullo.

  3. s m [PESCA]

    Acción de axitar as augas para facer que o peixe caia na rede. SIN: embalo.

Palabras veciñas

Balneario do Incio | balneo- | balneoterapia | balo | baloca | baloca | balocada