Balseiro
Balseiro
[ONOM]
Apelido que ten a súa orixe nun alcume de profesión. A forma balseiro (procedente do prerromano balsa) é parella de barqueiro, sendo a primeira unha voz que designaba o oficio dunha persoa que se dedicaba a pasar a xente en balsa nun río. Como apelido documéntase no s XVI aínda que como prenome xa se atesta no s XI.