baluarte

baluarte

(< fr boloart < xermbolwerc)

  1. s m [MIL]

    Construción de forma pentagonal que destaca na unión das fortificacións e que é utilizada como posto de vixilancia ou de defensa. SIN: bastión.

  2. s m [MIL]

    Recinto fortificado. SIN: bastión, fortaleza, forte.

  3. s m

    Lugar, comunidade, persoa ou cousa na que se defende ou que defende algo ata as súas últimas consecuencias. SIN: bastión.

    Ex: Converteuse rapidamente no baluarte do grupo.