bamileké
-
adx
Relativo ou pertencente aos bamilekés ou á súa lingua.
-
s
Individuo do pobo bamileké.
-
s
m
[ETN]
Pobo bantú, que integra ao redor de 500.000 individuos, dos altiplanos do Camerún Occidental, no territorio coñecido como País Bamileké, con capital en Dschong. A base económica dos bamilekés é principalmente agraria (millo miúdo, millo e cacahuete); así mesmo, dedícanse ao comercio en diversas rexións do Camerún, fóra do seu lugar de orixe. Falan unha lingua do grupo bantú. Traballan os metais e fabrican obxectos de barro. Viven en pequenos poboados de casas de planta cuadrangular e de cuberta piramidal. A estrutura familiar é patriarcal políxina; ademais, adoptaron a relixión musulmá ao seu modo de vida tradicional preislámico. Constitúen unha das poboacións máis importantes do Camerún.
-
s
m
[LING]
Grupo de linguas africano da familia bantú e do grupo bantoide banwe-congo. Inclúe vinte e catro linguas diferentes, faladas por 500.000 individuos bamilekés do Camerún. Proceden do bamileké, do bomugún e do banganté.