Banco Asiático de Desenvolvemento
Banco Asiático de Desenvolvemento
Nome científico:
[BAsD; ingl: Asian Development Bank, ADB]
Entidade financeira creada en 1965 con sede en Manila (Filipinas). En 1999 agrupaba a 57 estados de Asia, América e Europa e interviña en 40 países asiáticos. Ten cinco obxectivos de desenvolvemento estratéxico: crecemento económico, redución da pobreza, apoio ao desenvolvemento humano, recoñecemento do status da muller e protección do medio ambiente; en resumo, contribuír ao desenvolvemento substancial das rexións asiáticas.