Banco de Bilbao

Banco de Bilbao

Entidade bancaria constituída en Bilbao no ano 1857 e que tivo, ata o ano 1874, funcións de banco comercial e de banco emisor. Foi promovido pola xunta de comercio de Bilbao coa intención de convertelo nun instrumento de apoio ás empresas vascas. O seu crecemento asentouse na liña da banca mixta: unha rede de sucursais e unha carteira de valores industriais, na que destacan os sectores tradicionais do País Vasco: a siderometarluxia e o transporte marítimo e ferroviario. A crise bancaria que afectou a España no tardofranquismo e durante a Transición, deulle a oportunidade de adquirir algúns bancos afectados: tres do grupo Rumasa (Banco de Extremadura, Banco del Noroeste e Banco Latino), un galego (Banco de La Coruña), un valenciano (Banco de Promoción de Negocios) e un catalán (Banca Mas Sardà). No ano 1988 fusionouse co Banco de Vizcaya para formar o Banco Bilbao Vizcaya.