Banco de Crédito e Inversiones
Banco de Crédito e Inversiones
Entidade bancaria fundada no ano 1964 con domicilio social en Santiago de Compostela. Anteriormente, recibía o nome de Banco Hijos de Olimpio Pérez (1847), que modificou logo de absorber o Banco de Crédito e Inversión, que tiña a súa sede social en Barcelona e unha sucursal en Madrid. Foi o primeiro banco galego que contaba cunha estrutura territorial en Catalunya. En 1988 pasou a denominarse Banco Gallego; dende 1997 pertence á Caixa de Aforros de Vigo, actualmente no grupo Caixavigo e Ourense.