Banco Totta & Açores
Entidade bancaria fundada por Fortunato Chamiço Júnior en Lisboa no ano 1843. No ano 1893 pasou ás mans de José Henriques Totta, socio de Chamiço dende 1889. No ano 1911 a Casa José Henriques Totta foi transformada en sociedade comercial en nome colectivo baixo o nome de José Henriques Totta & Companhia en 1921. Logo dunha profunda crise, a entidade transformouse nunha sociedade por cotas na que Alfredo da Silva detivo unha posición dominante. No ano 1961 fusionouse co Banco Aliança e pasou a denominarse Banco Totta-Aliança. No ano 1970, trala fusión do Banco Totta-Aliança co Banco Lisboa & Açores, creouse o Banco Totta & Açores. En 1975 o BTA foi nacionalizado e ata o ano 1989 non se iniciou a privatización. No ano 1995, trala adquisición de 50 % do capital por António Champalimaud, o Banco Totta & Açores foi integrado no Grupo Mundial-Confiança. Logo dunha OPA realizada polo Banco Pinto & Sotto Mayor, este pasou a controlar o 94,4% do capital social do BTA no ano 1998.