bandallo

bandallo

(<3banda ‘tecido’)

  1. s m

    Anaco de tea roto e moi gastado. SIN: aldraxe, fargallo, farrapo, galdrapo.

    Ex: A mendiga vestía unha saia chea de bandallos.

  2. s m

    Peza de roupa vella e rota. SIN: farrapo.

    Ex: Disfrazouse cuns bandallos que había no faiado.

  3. s m

    Quen non coida o seu aspecto externo ou se amosa sucio vestíndose con farrapos. SIN: badanas, baldreo, baldroeiro, baldrogas, bandalleiro, fargallón, farrapeiro, farrapento, pingo, zalapastrán.

    Ex: Non sabe vestir, anda feito un bandallo.

  4. adx

    Que ten poucos folgos. SIN: pastrán.