bandazo

bandazo

(< 2banda)

  1. s m

    Movemento brusco dunha embarcación ao balancearse violentamente dun lado a outro.

    Ex: O barco deu un bandazo por mor da enorme treboada, que fixo perigar a vida dos tripulantes.

  2. s m

    Calquera golpe que pon en perigo o equilibrio dun corpo en movemento.

    Ex: Tiven que dar un bandazo pois outro coche saía do garaxe sen mirar e case choca comigo.

  3. s m

    Cambio súpeto de opinión ou de comportamento.

    Ex: A súa postura a favor do aborto supón un bandazo con respecto ó seu conservadurismo.